A coelliña Marcela

Disponible

Descripción

Marcela é unha coelliña distinta aos demais habitantes da súa comunidade. Non só polo seu ollo birollo, que lle tapan cuns anteollos afumados, senón porque non se adapta ás normas establecidas e por iso un día escapa. O seu seguinte destino é un poboado de coellos negros e brancos que funciona ao revés do seu lugar de procedencia. Mais no fondo, "todo era o mesmo: uns bebían a auga limpa e os outros a auga sucia, uns comían a herba fresca, e outros a herba seca, uns pisaban e os outros eran pisados", reflexiona Marcela con amargura. Esta fábula, escrita en 1979, aborda cuestións como a educación en igualdade, o respecto polas diferenzas, a tolerancia e a convivencia entre culturas, razas e crenzas. A súa protagonista é rebelde, ousada e nada convencional; rexeita as inxustizas e procura a felicidade, fiel aos seus ideais.

Detalles del producto

Precio
13,00 €  12,35 €
Editorial
Kalandraka
Fecha de Publicación
Idioma
Galician
Tipo
Tapa dura
EAN/UPC
9788484647737
Materias IBIC:

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados