Á espera de Godot

Disponible

Descripción

Escrita en 1948 e representada en 1953, Á espera de Godot, figura como un dos textos máis representativos ?e representados? do chamado Teatro do Absurdo, termo xenérico utilizado por Martin Esslin para clasificar a obra de determinados dramaturgos, fundamentalmente franceses (Ionesco e Beckett, malia non ter nacido en Franza escriben o seu teatro na lingua deste país) que se dan a coñecer na década de 1950.O argumento da obra é moi simple. Nun lugar afastado, dous vagabundos, Estragon e Vladimir, dialogan ?é dicir, intercambian monólogos? mentres esperan inutilmente a un tal Godot, a quen nunca viron, do que nada saben, pero de quen depende, ao parecer, o seu futuro inmediato... Mais Godot non chega, nin chegará nunca, e a espera resultará inútil, estéril, absurda...Martin Esslin conta como no ano 1957 ?un grupo de actores se preparaban para saír a escena. Eran os membros da Academia de Actores de San Francisco. O público diante do que ían actuar estaba formado por 1400 reclusos da penitenciaría de San Quintín. (...) A obra escollida, principalmente por non figurar mulleres no reparto era Á espera de Gogot, de Samuel Beckett. (...) Subiu o pano e comezou a función. E aquelo que tanto desconcertara os sofisticados auditorios de París, London ou New York, foi asimilado axiña polos reclusos. (...)Un dos mestres da prisión comentou: ?eles saben o que significa esperar... sabían que se ao final aparecese Godot, sería un engano?. (...).?Sen necesidade de apelar a grandes discursos teóricos ou filosóficos, Samuel Beckett soubo retratar maxistralmente a esencia da condición humana: esperar inutilmente, intercambiando absurdos monólogos egocéntricos ata ese día en que se extingue a luz e cae o pano de xeito definitivo.Traducción do francés: Francisco Pillado Mayor.

Detalles del producto

Precio
11,00 €  10,45 €
Editorial
Edicións Laiovento, S.L.
Fecha de Publicación
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788484870203

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados