Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976

Tiempo estimado de entrega 1 a 2 semanas.

Descripción

Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega dos anos centrais do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares, humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de pedra, en pleno exilio interior.

Detalles del producto

Precio
25,75 €  24,46 €
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Fecha de Publicación
Idioma
Galician
Tipo
Tapa dura
EAN/UPC
9788491516392
Materias IBIC:

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados