Auga para todos
FRANCISCO DíAZ-FIERROS VIQUEIRA
(Autor)
No disponible
Descripción
Auga para todos contén un relato de cuestións esenciais sobre a auga: a súa importancia para os seres vivos, as características da súa localización e dinámica no planeta e o enfoque que actualmente debería ter a súa contabilidade. Pero, sobre todo, este libro presta un interese especial aos usos da auga desde a historia e a xeografía, facendo fincapé nas prioridades e dereitos do seu aproveitamento. Habitamos un planeta limitado nos seus recursos, entre os que se atopa nomeadamente, como un dos máis escasos e prezados, a auga, razón pola cal a súa utilización está sometida a moitas tensións derivadas do incremento imparable dos seus usuarios e dunha demanda por persoa cada vez maior. A auga é un ben moi cobizado e do que dependen moitos equilibrios xeopolíticos. Pero, por riba de todo, da auga depende a vida, a nosa e a dos ecosistemas. Por iso é necesario coñecérmola: con agarimo, con interese e coa conciencia clara dos valores que están en xogo.Detalles del producto
Precio
10,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788416954506
Obtén ingresos recomendado libros
Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.