Baixo dos tileiros

Disponible

Descripción

A literatura alemá en Galicia deriva dunha obra anterior, Goethe en Galicia (Universidade de Vigo, 2007), centrada nas pegadas que o gran clásico alemán deixou nos autores galegos e na que xa se albiscaban certos aspectos da presente obra, pois, ao tratar da influencia de Goethe, resultaba inevitable a referencia ao influxo doutros autores alemáns. Utilizando a periodización convencional da xermanística para a literatura alemá, o obxectivo desta monografía é o estudo da relación que os autores galegos (con obra en galego, aínda que se inclúa tamén a súa produción en castelán, se a tivesen) estableceron coa literatura en lingua alemá, xa de xeito consciente (imitación, citación, erudición...), xa inconsciente ou non plenamente consciente (influencia, afinidade, analoxía...). Debido á escasa cantidade de estudos feitos sobre a relación de literaturas estranxeiras coa nosa propia, esta obra pode considerarse un referente crítico innovador, xa que a influencia que tiveron os autores xermanos sobre os galegos, aínda que considerablemente descoñecida, é innegábel e suxestiva.

Detalles del producto

Precio
20,00 €
Editorial
Universidade da Coruña
Fecha de Publicación
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788497497138

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados