Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita

No disponible

Descripción

Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesía", "Narrativa" e "Traducion" son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxía" e "Bibliografía", ademais dun apartado "Fotobiográfico" completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.

Detalles del producto

Precio
21,95 €  19,85 €
Editorial
Edicións Xerais
Fecha de Publicación
Idioma
Gallego
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788497825382
Materias IBIC:

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados