Desbaratos

No disponible

Descripción

Son trece as pezas de Llorenç Villalonga (1897-1980) que, baixo o título de Desbarats, se editaron conxuntamente en 1965 en Ciutat de Palma. Da primeira parte seleccionamos aquelas pezas (A marquesa disponse a ir ao teatro,A visita da Infanta, Economía en 1940 e Estiveron moi perto) que, pensamos, son máis doadamente representábeis sen por iso deixaren de ser ilustrativas do xénero que nace e morre en Villalonga. Da segunda parte, ao estar xa traducida ao galego A Tuta e a Ramoneta, presentamos aquela que mellor parodia o teatro do absurdo: Alta e Benemérita Señora. Á pregunta de como definiría este tipo de teatro de que a revista Prímer Acto publicaba en 1969 varias pezas -¿Teatro do absurdo? ¿Humor negro? ¿Esperpento? ¿Crítica sutil da sociedade?-, o invulgar e voltaireano autor da novela Mort de Dama respondeu: "Defínoo como un 'desbarato', consoante ao título do volume. Non era a miña idea facer metafísica. Ora ben, polo mesmo que non tentei sentar ningunha tese nin xulgar ningunha das miñas personaxes, que son como as fixo Deus, ou o Diabo (punto difícil de aclarar), o lector estará no seu dereito de tirar delas cantas teses Ile parezan".

Detalles del producto

Precio
13,22 €
Editorial
Universidade da Coruña
Idioma
Catalán
Tipo
Sin especificar
EAN/UPC
9788495322999

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados