Historia das historias de Galicia
Disponible
Descripción
No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos -e mesmo inéditosû do noso pasado colectivo.Detalles del producto
Precio
22,95 €
21,80 €
Editorial
Edicións Xerais
Fecha de Publicación
1 de abril de 2016
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788491210016
Materias IBIC:
Obtén ingresos recomendado libros
Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.