O cancioneiro de Fernan Fernandez Cogominho

No disponible

Descripción

O trobador de orixe portuguesa Fernan Fernandez Cogominho desenvolveu o seu labor poético contra o terceiro cuarto do século XIII. O conxunto das súas cantigas perpetuouse nos dous códices confeccionados en Italia nos inicios do século XVI por orde do humanista Angelo Colocci: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, cód. 10991, tamén coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancuti, identificado coa sigla B, e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, cód. 4803, ao que se lle fai corresponder a sigla V. Así pois, a obra poética de Fernandez Cogominho chega a nós a través de fontes elaboradas en tempos nos que a actividade trobadoresca galego-portuguesa xa desfalecera. A presente monografía ofrece unha edición crítica, elaborada segundo os parámetros da crítica textual máis rigorosa e actual, da produción lírica conservada nos devanditos cancioneiros con atribución ao trobador portugués.

Detalles del producto

Precio
22,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Fecha de Publicación
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788498879315
Materias IBIC:

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados