O vendedor de amendoíns

(Autor)
No disponible

Descripción

Se o mallorquino Joan Guasp (1943) entra na literatura serodiamente, cun libro de contos publicado en 1977, pódese afirmar que é na literatura dramática onde o seu nome máis sobresae. Hoxe, a Biblioteca-Arquivo edita a súa última peza publicada, O vendedor de amendoíns (2001). Obra de concepción formal que obedece á estrutura clásica -formulación, nó, desenlace, aínda que estea dividida como se fose saboroso e completo xantar: entrante, acto (prato) único e sobremesa-, que o autor domina á perfección, é unha peza sinxela e dixestiva, mais cargada dunha sutil ironía e vestida con símbolos cotiáns facilmente identificábeis. O vendedor de amendoíns inscríbese na esteira do "desbarato" mallorquino, que Llorenç Villalonga elevou a obra de arte. Nesta peza, Joan Guasp usa dunhas situacións próximas ao teatro do absurdo, mais, como afirma Gabriel Sabrafin, un absurdo que desemboca na caricatura. Unha caricatura crítica, sobre todo, das institucións que asoballan o ser contemporáneo e mais da falta de comunicación entre as propias persoas.

Detalles del producto

Precio
12,00 €
Editorial
Universidade da Coruña
Idioma
Catalán
Tipo
Sin especificar
EAN/UPC
9788497490412

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados