OP/363-50 Aniversario da compilación de Dereito Civil de Galicia (1963-2013)

No disponible

Descripción

O libro que o lector ten nas súas mans constitúe a proba documental duradeira da implicación da Universidade de Santiago de Compostela co legado cultural, sociolóxico e xurídico de Galicia. O seu contido está basicamente conformado polo elenco das obras escritas, libros e artigos, relativos ao Dereito civil galego, a maior parte deles depositados na nosa Biblioteca e son de acceso público para o estudoso, o profesional ou simplemente o interesado na materia. Complétase ademáis cunha presentación dos seus autores e un traballo que, en esencia, se corresponde coa conferencia pronunciada polo profesor Rodríguez Montero no acto de inauguración da Exposición, organizada tamén pola nosaUniversidade, co gallo do 50 aniversario da Compilación de Dereito Civil de Galicia, exhibida na Biblioteca Concepción Arenal da USC e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo. Con isto, o libro é o resultado tanxible no que desembocaron toda unha serie de actos que ao longo de 2013 se realizaron en colaboración con varias institucións galegas (Consello da Cultura Galega, Ilustre Colexio Notarial de Galicia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, Excma. Deputación Provincial de Lugo), pero que sempre estiveron auspiciados pola Universidade de Santiago de Compostela.

Detalles del producto

Precio
20,00 €
Editorial
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d
Idioma
Galician
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788415876717
Materias IBIC:

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados