Libros para a defensa e conservación da nosa Terra

Por Luna Nueva Libros

Por Luna Nueva Libros

Salvamos o planeta!

Roser Ruiz Laguas y BRUNO MARTINEZ TABARES

15,95 €

Por que hai gaivotas nos vertedoiros? Que é unha marea negra? E o quentamento global? Tan malo é o plástico? "Salvemos o planeta!" é un libro para aprender... divertíndote.

Ramona Óbita. A dona do tempo

PAKOLAS y Laura Romero

20,00 €

Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!!

Ollos do tangaleiron, os

XOSE A. NEIRA CRUZ

12,50 €

Neste libro imos atopar a historia dunha moza que vai ter que enfrontarse a unha morea de atrancos para completar a súa investigación en criptozooloxía, ou sexa, na procura de animais cuxa existencia non foi aínda probada. Coma o Tangaleirón. Con eses vimbios o autor constrúe unha trama engaiolante que vai facernos trepidar e non deixar a lectura, ao tempo que nos fai conscientes de certas cuestións medioambientais que non sempre temos presentes. Ao tempo, é unha reivindicación da muller e das dificultades que a sociedade aínda lle segue a poñer para o seu completo desenvolvemento. Un libro imprescindible da nosa literatura xuvenil que neste 2018 volve chegar ás mans do público lector máis novo.

Plasticus maritimus. Unha especie invasora

Isabel Ana;Minhós Martins P^go y BERNARDO CARVALHO

18,00 €

Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes; non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa “especie invasora” que urxe erradicar. A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.

A crónica de Ivo Cascudiño: Premio EDEBÉ de Literatura Infantil 2020

DAVID NEL·LO COLOM y BEATRIZ CASTRO ARBAIZAR

9,60 €

Ivo Cascudiño e a súa familia son unhas cascudas que viven felices na casa da velliña señora Atril. Pero un día ela morre e todo cambia. Aos Cascudiño non lles queda outra que fuxir antes de que a nova propietaria fumigue a casa e morran todos. Polos sumidoiros da cidade, os Cascudiño foxen e chegan ao hotel Apolo, onde queren quedar a vivir. Alí topan cun tipo de cascudas que din que o hotel é a súa casa e polo tanto son eles os que poñen as condicións e deciden quen pode quedar alí. Ivo descobre daquela as dificultades de se mover libremente polo mundo e o sentido da igualdade.

LOBO RAMON INF JUV20

MARIA CANOSA BLANCO y NURIA DIAZ BERRIDE

9,05 €

Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Será Ramón quen de facer novos amigos?

Os ecos do lume

ANXO FARIñA

12,15 €

Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.

Sementes viaxeiras

YOLANDA CASTAÑO PEREIRA

14,00 €

"Sementes viaxeiras" é o primeiro volume dunha triloxía sobre migracións, no que Yolanda Castaño mostra os distintos tipos de viaxes que percorren as sementes para espallar a súa descendencia. Polo aire, pegadas ás patas dalgún insecto, ás plumas dalgunha ave ou en dispositivos lixeiros e voandeiros que posúe a propia planta…; por terra, enganchadas ao calcetín dun neno ou suxeitas ao pelo dun animal; ou por mar, aboiando entre as ondas dunha illa a outra.

Quen salva un can

ERICA ESMORIS y Iria Fafián

12,50 €

Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan. Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios. Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.

Viaxeiros

Xulio Gutiérrez Roger y NICOLAS FERNANDEZ PRIMOLA

16,00 €

A meirande parte dos animais son sedentarios: viven sempre no mesmo sitio ou fan desprazamentos curtos. Pero a lenta evolución dos continentes, os cambios Do clima e as transformacións do contorno levan a moitas especies a viaxar para sobrevivir... Este libro permite acompañar os animais que -por terra, mar e aire- realizan as viaxes máis longas e arriscadas. Uns realizan travesías de milleiros de quilómetros, atravesando continentes e océanos, entre onde pasan o inverno e a súa residencia de verán, ou dende as zonas de cría ás de alimentación. Outros fan traxectos curtos pero expoñéndose a toda clase de perigos y vicisitudes. Estes desprazamentos son asombrosas aventuras que poñen a proba a resistencia de cada criatura, a súa obstinada determinación e capacidade de orientación.

SAFARI

MAITE CARRANZA I GIL DOLZ DEL CASTELLAR y Manuel Ortega Santos

9,60 €

Dani esperta aterrorizado nos brazos dun enorme chimpancé no medio da selva. Tenta berrar, pero non pode emitir ningún son. O único que lembra é a imaxe dunha moza encantadora que sorrí, fala sen parar e chámase Mary Jo. Ata que, aos poucos, vai enfiando imaxes. Unhas larpeiradas que saben doces, unha nai que choca contra os farois, un foso do zoolóxico, as torturas do Bigotes… e unha viaxe a África. O mellor será que Dani vos explique o dos leóns, a súa familia, o safari e Mary Jo. Seguro que o entenderedes de marabilla.

Xelís, o guieiro das botellas de mar

ROSA ANEIROS y ANDRES MEIXIDE

12,50 €

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otilc e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta. Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!

A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES

HENRIQUE ALVARELLOS CASAS y Xulia Nieto Pereira

14,00 €

Cando cumpriu tres anos, Lucía recibiu un agasallo moi especial de mamá e papá: unha árbore. Un precioso freixo que medra no pequeno bosque preto da casa. Visítao todas as semanas: obsérvao, úleo, fálalle e, sobre todo, abrázao. Álex, o mellor amigo de Lucía, é cego, mais xuntos descobren igualmente un mundo fascinante cheo de sensacións. Un día o freixo ponse maliño, pero a natureza sempre segue o seu camiño... Unha historia de Henrique Alvarellos ilustrada por Xulia Nieto onde se nos convida a darnos un baño de bosque a través da protagonista, Lucía, e o seu amigo Álex, que, aínda que non pode ver, sente cada son e cada pedazo de natureza.