Léxico familiar

Disponible

Descripción

«Ao longo da miña infancia e adolescencia tiña en mente sempre escribir un libro que falase das persoas que vivían daquela ao meu redor. Este é, en parte, ese libro. Iso si, só en parte, porque a memoria é lábil e porque os libros que se toman da realidade non son a miúdo senón tenues faíscas e estelas de canto vimos e ouvimos».Léxico familiar é o libro de Natalia Ginzburg que maiores e máis duradeiras reflexións ten provocado na crítica e nos lectores. A chave desta novela extraordinaria trázase xa no título. Primeiro «familiar», porque narra a historia dunha familia xudía e antifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta do século pasado. E «léxico», porque os camiños da memoria pasan a través da lembranza de frases, maneiras de dicir, expresións particulares. Escribe Ginzburg: «Nós eramos cinco irmáns. Agora vivimos en cidades distintas, algúns están no estranxeiro e non nos carteamos con frecuencia. Cando nos atopamos, podémonos mostrar uns cos outros indiferentes ou distantes. Pero abonda, entre nós, unha palabra. Abonda unha palabra, unha frase, unha daquelas frases antigas, ouvidas e repetidas infindas veces na época da nosa infancia, abonda dicir: ?Non viñemos a Bérgamo para namoriscar? ou ?A que fede o ácido sulfhídrico?», para reencontrarmos no acto as relacións de en tempos, a nosa infancia e mocidade, ligadas de maneira indisoluble a esas frases, a esas palabras».

Detalles del producto

Precio
17,95 €  17,05 €
Editorial
Edicions Laiovento, S.L.
Fecha de Publicación
Idioma
Gallego
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788484875888

Obtén ingresos recomendado libros

Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.

Únete al programa de afiliados