OS CORPOS INSCRITOS E OS TEXTOS ESCRITOS
REBECA BECEIREDO
(Autor)
Disponible
Descripción
O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que ostenta o logos, a capacidade racional, a palabra articulada.Elas foron as encargadas de tecer as inscricións, que eles enunciaron, no tecido cultural. Ao suxeito hexemónico recoñecéuselle a alma racional, aos suxeitos subalternos cedéuselles a "phoné", a voz, propia da alma sensitiva, que non pode decidir o que é xusto ou inxusto, ou entre o ben e o mal. A voz [email protected] [email protected] non pode decidir sobre a lei social, non pode escribir a palabra social, pero si debe manifestala no seu corpo, exercer a función subalterna de reproducir, de inscribir o ditado.Inscribíronse corpos, escribíronse textos. Atravesando a antropoloxía, a moda, a arte, a literatura e o mercado, proponse a deconstrución do xénero, vinculándoo a unha certa emancipación cultural."Os corpos inscritos e os textos escritos" combina a análise filosófica coa creación literaria en forma de relatos, mesturando xéneros e, finalmente, desfacéndoos.Detalles del producto
Precio
19,95 €
18,95 €
Editorial
Edicions Xerais
Fecha de Publicación
19 de enero de 2023
Idioma
Gallego
Tipo
Tapa blanda
EAN/UPC
9788411101578
Materias IBIC:
Obtén ingresos recomendado libros
Genera ingresos compartiendo enlaces de tus libros favoritos a través del programa de afiliados.